Seguro que todo o mundo lembra a serie de debuxos Heidi, pero por se acaso… é unha serie xaponesa do xénero Kodomo, estreada o 6 de xaneiro de 1974 e inspirada no libro homónimo da escritora suíza Johanna Spyri.
Comentan as malas linguas que Johanna Spyri se puido inspirar nun relato de Hermann Adam von Kamp, titulado Adelheide – das Mädchen vom Alpengebirge (Adelaida, a nena dos Alpes). Resulta imposible non lembrar cando a señorita Rottenmeier chama a Heidi “Adelaida” insistentemente, o que a enfada moito e lle resulta moi desagradable. E non esquezamos que a nai de Heidi se chamaba Adelaida. Non obstante, non serei eu quen dirima este debate, que parece ser que quedou en nada e non houbo plaxio, ademais.
O argumento de Heidi é ben sinxelo. Heidi é unha rapaza orfa, que durante catro anos está ó cargo da súa tía Dete, pero cando fai cinco, é levada pola tía xunta o seu avó, bautizado polas xentes do lugar como o “vello dos Alpes”, dado que pouco baixa á aldea e todo o mundo di que ten un carácter máis ben desagradable (en realidade din cousas horribles del). Igualmente, Dete leva a Heidi ata alí porque xa non se pode encargar dela por un novo traballo que lle deron en Fránkfurt.
Poderiades pensar que non ten moito interese lingüístico, pero vouvos demostrar o contrario. E poderiades pensar que ten pouco transfondo a serie, pero tamén vos demostrarei que en realidade nos dá moitas e boas leccións de vida.
Irei por orde para recompilar detalles interesantes lingüísticos e tamén da historia en si mesma.
No principio do capítulo, Heidi está con toda a roupa posta agardando *2 (si, agora ides abaixo de todo e buscades o *2 e vedes de que vai… ou védemo ó final, como queirades…) e primeiro mira o galo cando canta. O galo e a galiña están nun espazo moi reducido, claramente un simbolismo do cárcere, dunha prisión, claro maltrato animal nunha gaiola mínima.
E a continuación faise este plano para que vexamos un paxaro nunha gaiola.
Xa o principio deste capítulo, como podedes comprobar, trata con transparencia o tema da falta de liberdade, da opresión, da falta de alegría… Isto contrasta co que oímos na canción de introdución: Nunca eu de ti me afastarei (Heidi dirixíndose ó seu avó, é dicir, que o quere moito e está contenta).*1 B.
Nas seguintes escenas, que supoñen a viaxe ata a aldea da montaña, oímos: Verdade que non me engano?*1 B/ Ofrecéronme un bo traballo*1A/ A vella Úrsula, que se ocupaba dela a cambio dunhas moedas*1D. Notamos que todo parece negativo, fala de obrigas, outravolta de opresión, de salarios, de falta de tempo libre, de necesidades económicas…
Chegan por fin á aldea onde van entrando*2 e vemos este momentazo. Por favor, dicídeme que non só eu vexo o rabo da vaca atado cunha cordiña…
Ou na aldea aínda temos o primeiro encontro de Heidi e… Folerpiña! (que saberedes que se fan amigas enseguida e xa nunca deixarán de selo). Claro que Heidi ten unha facilidade extrema para facerse amiga das cabras…
Esta cabra chámase folerpiña porque é branca (de cor branca), por suposto, así que vén sendo*2 un diminutivo de “folerpa”, que é o que ensino en imaxe a continuación (cada un dos anaquiños de auga conxelada que cae cando neva):
O seu nome orixinal era Schwanli, que significa literalmente “branca” pero que nalgunhas traducións recibiu o nome en español de “copo de nieve”. Polo tanto “folerpiña” en galego é perfecto. E non, neste capítulo non vos direi aínda o nome do resto das cabras… impacientes!
Cando xa van subindo*2 á montaña oímos: Eu chámome Heidi*1A/ Díxenche que me chamo Heidi*1A *1D/ E ti como te chamas?*1C/ Que estás facendo con esas cabras? Lévoas ós pastos, coma tódolos días*1A *2B/ Pensa no que che dixen*1D
Aquí temos o seguinte momentazo deste capítulo. Cando comeza a quitar os vestidos todos e alá quedan estrados.
Aquí dálles un ataque de risa a Pedro e Heidi, o que será algo habitual a partir de agora. E quen vos vai quitar esa dúbida existencial sobre o motivo polo que nunca vistes choutar, brincar ou saltar*9 tanto unhas cabras e uns nenos? É o que ten o aire da montaña, que te enche de enerxía…
Está claro que a pregunta da tía Dete era obrigada: Que fixeches cos vestidos? E contesta Heidi: Non os preciso*1B./ Vaimoita calor*4 *5 Dete proponlle a Pedro: Se llevas buscar os vestidos… (ofrecéndolle unha moeda)*1 E *10 E Pedro di: A fume de carozo!*6
Cando chegan á cabana do avó, hai outro momentazo, que logo será un clásico e continuo. O can ignorando*2 a Heidi, que se asusta pero el pasa sempre dela. E non, aquí aínda non sabemos o seu nome…
O momento de conversar entre Dete e o avó de Heidi é moi tenso. Por exemplo, o avó pregunta que poderá facer se se pon a chorar Heidi e vai atrás de Dete: Atala ó tronco dunha árbore?*1A *3 *5 E Dete, que xa non pode máis, di cousas como Traballei para a miña nai anciá e nunca me axudou ninguén *1B *7
E xa finalizamos, neste capítulo 1, coa canción final: Tras dos cabritiños hei correr*8/ Mira que bule bule, como chouta e como brinca*9 *10
E como premio por chegardes aquí… Heidi, Pedro e Folerpiña (en serio, esa cabra mira raro…).