Probas Celga 1, 2, 3, 4 2026 (maio-xuño)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar as probas Celga deste ano na súa primeira convocatoria.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 16 de marzo ao 8 de abril.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario