Acabamos a nosa viaxe polas grafías alleas ó alfabeto galego co y.
Por suposto, debemos citar a entrada do dicionario y, que significa a letra e cita o seu nome, i grego.
Como sería de esperar, boa parte das palabras que levan y son abreviaturas:
| ABREVIATURA | SIGNIFICADO |
| Dy | Disprosio |
| Dyn | Dina |
| Gb | Xigabyte |
| Gly | Glicina |
| Gy | Gray |
| H | Henry |
| Lys | Lisina |
| Mb | Megabyte |
| Tyr | Tirosina (símbolo de) |
| Y | Itrio |
| Y | Tirosina (abreviatura de) |
| Yb | Iterbio |
E non achamos sorpresa na orixe da maioría das palabras, é dicir, directamente o inglés: byte, copyright, hippy, hobby, long play, playboy, lycra, rally ou sexy.
Algunhas delas fan referencia a nomes propios:
| PALABRA | REFERENCIA |
| Taylorismo | Frederick Winslow Taylor |
| Rugby | Rubgy school (un centro educativo dunha cidade chamada Rugby) |
| Groggy | Ola Grog, que é o alcume que se lle daba a Edward Vernon |
Outras fixeron unha viaxe por idiomas:
Brandy (holandés a inglés, de inglés a galego)
Gay (francés a inglés, de inglés a galego)
Géyser (do islandés a inglés, de inglés a galego)
Ye-yé (do inglés ó francés e de francés a galego)
Para rematarmos, podemos citar a palabra yiddish, que provén do alemán, e o sonado yin yang do chinés.