Que é un sufixo?
É un elemento lingüístico que se engade a outra palabra para formar outra:
carne-carnizaría-carniceiro-carniceira
cama-camiña-camaza/ cadelo-cadeliño-cadelón

Ben é certo que en galego o sufixo diminutivo por excelencia é –iño/ -iña, pero existen outros sufixos que se poden empregar, se ben teñen un uso menos habitual:
| NORMAL | DIMINUTIVO | NORMAL | DIMINUTIVO | |
| Fonte | Fontela | Vello | Vellete | |
| Souto | Soutelo | Vella | Velleta | |
| NORMAL | DIMINUTIVO | NORMAL | DIMINUTIVO | |
| Bolso | Bolsecho | Rapaz | Rapazolo | |
| Alfombra | Alfobrecha | Rapaza | Rapazola | |
| NORMAL | DIMINUTIVO | NORMAL | DIMINUTIVO | |
| Facho | Fachico | Vello | Vellote | |
| Chama | Chamica | Vella | Vellota | |
| NORMAL | DIMINUTIVO | NORMAL | DIMINUTIVO | |
| Martelo | Marteluco | Pepe | Pepucho | |
| Muller | Mulleruca | Carme | Carmucha |

Todos estes diminutivos poden usarse só como tal, como “tamaño máis pequeno”, aínda que por regra xeral os diminutivos adoitan indicar afecto e non necesariamente un tamaño máis pequeno:
| EXEMPLOS | OBSERVACIÓNS |
| Ai! Meu homiño! Canto te quero! | imaxinade que ese home mide dous metros de altura |
| Que casiña tan bonita tes! | pero é unha casa grande |
| Éche ben feituco o teu fillo. | o rapaz xa ten uns 25 anos |
| O noso Pepucho é ben riquiño. | Pepucho ten 90 anos e é alto |
| OLLO! Algúns deles poderían ser despectivos tamén: | |
| A casucha esa non vale para nada! | e podería ser unha casa grande igualmente |

E agora vén a mellor parte. Se vos preguntades “Podemos combinar sufixos diminutivos?”, a resposta é “Podemos!”.
| PALABRA DE ORIXE | DIMINUTIVO | +IÑO/A |
| Castelo | Casetelete | Casteletiño |
| Casa | Casucha | Casuchiña |

E que ocorre cun adxectivo que xa significa “de pouco tamaño”, é dicir, o adxectivo pequeno?
Pois que tamén podemos facer diminutivo de todas as súas variantes:
| Pequeno | Pequeniño | Pequena | Pequeniña |
| Pequerrecho | Pequerrechiño | Pequerrecha | Pequerrechiña |
| Pequecho | Pequechiño | Pequecha | Pequechiña |

Unha boa chea de palabras que hoxe en día aparecen no dicionario da RAG xa lexicalizadas (xa son unha entrada propia co seu significado), pero que foron diminutivos na súa orixe:
| ORIXE | NOVA PALABRA CON ENTRADA NO DICIONARIO DA RAG | ORIXE | NOVA PALABRA CON ENTRADA NO DICIONARIO DA RAG | |
| Bastón | Bastonciño | Lura | Luriña | |
| Cabalo | Cabaliño (do demo, de mar) | Mañá | Mañanciña | |
| Cadeira | Cadeiriña (de paseo) | Maruxa | Maruxiña | |
| Cacho | Cachelo | Mediano | Medianiño | |
| Cámara | Camariña | Nabo | Nabiña | |
| Cebola/ cebolo | Ceboliño | Noite | Noitiña | |
| Colar | Colariño | Panca | Panquiña | |
| Corpo | Corpiño | Pequeno | Pequeniño | |
| Corte | Cortiña | Rapeta | Rapetiña | |
| Culler | Culleriña | Rasca | Rasquiño | |
| Dona/ garrida | Doniña/ garridiña | Tarde | Tardiña | |
| Dourada | Douradiña | Val | Valiña | |
| Focha | Fochiña | Vara | Variña (máxica) | |
| Fouce | Fouciña/ fouciño | Xoana | Xoaniña |

Cómpre non confurdirmos estas palabras con outras que teñen orixe nos sufixos latinos –INUS e –INA, que deron en galego tamén –iño e –iña, pero que nunca foron e non son diminutivos. E outras palabras que acabaron con esta forma:
| Adiviña | Camiño | Fariña | Manseliña | Nadaliña | Veciño | |||||||
| Adiviño | Campesiña | Fociño | Manseliño | Niño | Vendimiño | |||||||
| Agostiña | Campesiño | Marceliña | Viña | |||||||||
| Albariña | Cociña | Galiña | Marceliña | Panxoliña | Viño | |||||||
| Albariño | Comiño | Mariña | Paseniño | |||||||||
| Aliño | Irmandiña | Menciña | Pergamiño | Zamburiña | ||||||||
| Aloumiño | Daniña | Irmandiño | Meniña | Piña | ||||||||
| Anciño | Meniño | |||||||||||
| Andoriña | Entretiño | Liña | Mesquiña | Sardiña | ||||||||
| Anduriña | Espiña | Liño | Mesquiño | Sobriña | ||||||||
| Armiño | Espiño | Miña | ||||||||||
| Axiña | Estiño | Miño | Tiña | |||||||||
| Avelaíña | Estorniño | Morriña | Touciño | |||||||||

E ollo, poden ser as dúas cousas ao mesmo tempo:
| NON É DIMINUTIVO | PERO PODERÍA SER DIMINUTIVO DE |
| Agostiño | Agosto |
| cabaciña | Cabaza |
| cachiña | Cacha |
| cachiño | Cacho |
| cariño | Caro |
| Cerviña | Cerva |
| Cerviño | Cervo |
| Daniño | Dano |
| Ferreiriño | Ferreiro |
| Golfiño | Golfo |
| Lobiño | Lobo |
| Machiño | Macho |
| Madriña | Madre |
| Mariño | Mar |
| Marquesiña | Marquesa |
| Padriño | Padre |
| Rabiño | Rabo |
| Sobriño | Sobre |
| Tomiño | Tomo |
| Vasquiña | Vasca |
| Veciña | Vez |
| Vendimiña | Vendima |