Xa falamos en publicacións anteriores de estranxeirismos e latinismos que usan letras non propias do alfabeto galego, como a letra j ou a letra k.
Hoxe tócalle ó w, ben alleo ó galego se non fose polo único escritor galego que o ten no nome, Wenceslao Fernández Flórez, sonado autor das obras Volvoreta ou O bosque animado.
O primeiro que aclararei é que a letra se chama uve dobre. Ademais continuaremos sen repetir aquelas palabras que podedes consultar nas dúas publicacións anteriores, polo tanto, que levan j ou k.
E o segundo que tamén precisades saber é que se o dicionario da RAG dá unha opción diferente como recomendable en galego, tampouco estarán incluídas aquí. Xa lle dedicaremos unha publicación a estranxeirismo que podemos evitar.
| Abreviaturas e medidas variadas | ||
| Hw | Hectowatt | |
| Kw | Quilowatt | |
| Mw | Megawatt | |
| Milliwatt | ||
| Máxwell | A súa abreviatura é Mx | |
| Newton | A súa abreviatura é N | |
| NNW | Nor-noroeste | |
| NW | Noroeste | |
| Sw | Suroeste | |
| W | Volframio | |
| W | Watt | |
| Wb | Wéber | |
| WNW | Oés-noroeste | |
| WSW | Oés-suroeste | |
Con esta grafía hai algúns xentilicios (ben poucos, a verdade).
| PAÍS | XENTILICIO MASCULINO | XENTILICIO FEMININO |
| Botswana | Botswaniano | Botswaniana |
| Hawai | Hawaiano | Hawaiana |
| Taiwán | Taiwanés | Taiwanesa |
| Washington | Washingtoniano | Washingtoniana |
Continuamos coas referencias a nomes propios, dun ou doutro ámbito, é dicir, palabras que teñen a súa orixe nun nome que contén w.
| MASCULINO | FEMININO | PERSOA DE REFERENCIA |
| Darwinismo | Charles Robert Darwin | |
| Darwinista | ||
| Neodarwinismo | ||
| Newtoniano | Newtoniana | Isaac Newton |
| Down (síndrome de) | John Langdon Haydon Down | |
| Wagneriano | Wilhelm Richard Wagner | |
| Rauwolfia | Léonard Rauwolf | |

Por suposto, outravolta, o inglés é a principal orixe de palabras que teñen w:
| DEPORTE LECER | INFORMÁTICA | ARMAS | MÚSICA DANZA | NEGOCIOS | ||||
| Peso wélter | Web | Wínchester | Twist | Wárrant | ||||
| Show | Webinario | LINGUA | COMIDA | |||||
| Wíndsurf | Wifi | Wau | Sándwich |
Rematamos con estas dúas palabras que nos chegan do alemán: talweg e weltanschauung.
E isto é todo, xente!